• Páginas:
  • <<
  • 1
  • >>

Novas da Fundación arquia

Proxección de documentais en salas

29 MARZO 2012 / AUDIOVISUAIS

A Fundación Caixa de Arquitectos ofrece ás escolas de Arquitectura e colexios de arquitectos de España, así como ás institucións do eido da arquitectura e o deseño, os títulos publicados na colección arquia/documental para a súa proxección en salas non-comerciais (entrada de balde) co fin de promover a creación de ciclos documentais de arquitectura.


ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA III CONVOCATORIA 2010-2011

20 MARZO 2012 / PRÓXIMA

Éxito de participación na III convocatoria 2010-2011, cun total de 1445 novas realizacións rexistradas e 991 arquitectos participantes. Máis abaixo podes descargar o informe das realizacións e arquitectos rexistrados nesta edición.

A DECISIÓN DO XURADO FARASE PÚBLICA A PARTIR DA PRIMEIRA SEMANA DE MAIO.


Descarga de balde de arquia/teses 10 «Apuntes de viaje al interior del tiempo», de Luis M. Mansilla

07 MARZO 2012 / FUNDACIÓN

Xa está dispoñible para os usuarios FQ para descarga de balde en PDF a publicación arquia/teses 10 «Apuntes de viaje al interior del tiempo» de Luis M. Mansilla


LUIS MORENO MANSILLA

23 FEBRERO 2012 / FUNDACIÓN

Con motivo do falecemento de Luis Moreno Mansilla, o padroado da Fundación Caixa de Arquitectos quere expresar as súas máis sentidas condolencias á súa familia e amizades.

[+] continuar lendo


Descarga de balde de arquia/teses 08 «La columna y el muro», Manuel Iñiguez

21 FEBRERO 2012 / FUNDACIÓN

Xa está dispoñible para os usuarios FQ para descarga de balde en PDF a publicación arquia/teses 08 «La columna y el muro» de Manuel Iñiguez.


PRESENTACIÓN DO LIBRO «Enric Miralles, 1972-2000», martes 21 de febreiro ás 19.30

20 FEBRERO 2012 / FUNDACIÓN

Participarán no acto os arquitectos Luis Moreno Mansilla, Emilio Tuñón Álvarez, Josep Maria Rovira e o xornalista Llàtzer Moix.

Martes 21 de febreiro ás 19.30

Salón de actos do Colexio de Arquitectos de Cataluña. Plaça Nova, 5. 08002 Barcelona

http://fundacion.arquia.es/es/publicaciones/Colecciones/DetallePublicacion/88?coleccion=2


Testemuños de arquia/próxima

23 ENERO 2012 / PRÓXIMA

Desta vez, a profesora Henriette Kaelble tivo que substituír o noso querido profesor Walter Hugendubel. Dende a súa oficina continúan tentando descubrir as claves que definen Arquia/próxima. Neste capítulo podemos ver as impresións de Ariadna Cantís, Jose María Ezquiaga, Belinda Tato, Guillen Augé e Quid Studio, que nos deixan a súa opinión de por que hai que presentarse ao premio Arquia/próxima. Lembrade que o prazo finaliza este 31 de xaneiro!!


Arquia/próxima titorial: asociacións

17 ENERO 2012 / PRÓXIMA

Perante as dúbidas dalgúns de vós e comprendendo a complexidade real dunha profesión cada vez máis participada, en arquia/próxima quixemos explicar de forma sinxela a maneira de vos inscribir como asociación nesta edición. Este vídeo titorial explica como podedes crear unha asociación despois de ter creado o voso perfil en arquia/próxima. Tamén explica como incluír proxectos dun perfil como proxectos da asociación e como incluír outros perfís nesa asociación. Cada vez falta menos para pechar o prazo de inscrición!! Esperamos que estes titoriais solucionen todas as dúbidas, así que xa non hai escusas! Subide os vosos perfís e proxectos á terceira edición de arquia/próxima antes do 31 de xaneiro!


Arquia/temas 34: «Introducción al urbanismo»

03 ENERO 2012 / PUBLICACIÓNS

Sae á venda o núm. 34 da colección arquia/temas «Introducción al urbanismo. La evolución de las ciudades: la lección de la Antigüedad», Marcel Poëte. A urbanística para Marcel Poëte (1866-1950) é á vez ciencia e arte: xunto con datos estatísticos manexa coñecementos arquivísticos variados para a cidade antiga e moitos outros documentos para a cidade moderna, nunha tarefa na que cómpre recorrer a crónicas, vistas, historias locais, descricións e até a obras literarias co fin de acadar o coñecemento do organismo urbano para intervir nel. A apreciación de que as esixencias do home non só son de orde material e a existencia da cidade antiga como categoría...


mi área privada