• Páginas:
  • <<
  • 1
  • >>

Novas da Fundación arquia

Documental en DVD+libro: arquia/documental 28. MIGUEL FISAC

31 DICIEMBRE 2013 / AUDIOVISUAIS

A colección arquia/documental presenta o seu volume 28: o documental LA DELIRANTE HISTORIA DE LA PAGODA, dirixido por Andrés Rubio (España, 2011, 56 min). Obra do arquitecto Miguel Fisac, o edificio popularmente coñecido como A Pagoda foi demolido en 1999 ante a expectación de arquitectos e do propio autor.


AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATÉ O 28 DE FEBREIRO DE 2014

19 DICIEMBRE 2013 / PRÓXIMA

Debido á coincidencia no tempo do final do período de inscrición do programa arquia/próxima e a implantación da nova plataforma web FQ, amplíase o prazo de inscrición até o 28 FEBREIRO DE 2014 tanto para rexistrarse coma para subir as realizacións. Esperamos poder ofrecer así un período de achegamento do usuario á nova ferramenta en liña.

 


Resolución do IX concurso arquia/teses

17 DICIEMBRE 2013 / TESES

O 11 de decembro, o xurado do 9.º concurso de teses doutorais de arquitectura, presidido por Xavier Monteys Roig e composto por Luís Martínez Santa-María, María Melgarejo Belenguer, Carlos Gómez Agustí e, con voz pero sen voto, Carlos Martí Arís, que actúa de secretario, premiaron as teses «Solo imágenes. La tarjeta postal, vehículo de conocimiento urbano», de Jordi Sardà Ferran, e «Bekleidung. Los trajes de la arquitectura», de Óscar Rueda Jiménez.


Documental en DVD+libro: arquia/documental 27. KISHO KUROKAWA

15 NOVIEMBRE 2013 / AUDIOVISUAIS

A colección arquia/documental presenta o seu volume 27: o documental LA TORRE CÁPSULA DE NAKAGIN, dirixido pola realizadora Rima Yamazaki (Estados Unidos, 2010, 58 min, VOSE). Obra do arquitecto Kisho Kurokawa, a torre (1972) constitúe un dos símbolos do Metabolismo, o movemento manifestado en Xapón en 1960.


IV edición arquia/próxima 2012-2013

11 NOVIEMBRE 2013 / PRÓXIMA

A Fundación Caixa de Arquitectos presenta a IV edición 2012-2013 do programa arquia/próxima para novos arquitectos cun novo formato máis próximo, actualizado e participativo. Na súa cuarta edición, arquia/próxima aposta con máis forza ca nunca por construír un gran foro de arquitectura nova, favorecendo a interacción entre usuarios, a participación activa co xurado a través do novo portal arquia/próxima e a comunicación permanente a través das redes sociais. Proximamente poderás participar no noso novo foro web, do que podes ver un avance en www.foroarquiaproxima.es. PARTICIPA NA NOVA CONVOCATORIA; PODERÁS GAÑAR 15 000 EUROS!


Xa somos 10 000 usuarios na Fundación FQ!

08 NOVIEMBRE 2013 / FUNDACIÓN

No mes de setembro de 2013, a web da fundación superou as 10 000 persoas rexistradas. As novas propostas da fundación supuxeron que en dous anos se duplicase o número de persoas rexistradas. Dende a Fundación Caixa de Arquitectos agradecemos a todos o interese que mostrades cara aos nosos programas e actividades.


Descarga de balde: arquia/teses 11 «La arquitectura de Gunnar Asplund» de Manuel López-Peláez

07 OCTUBRE 2013 / PUBLICACIÓNS

A fundación segue a recuperar as publicacións da colección arquia/teses descatalogadas para a súa descarga en PDF.

Xa está dispoñible para os usuarios rexistrados na web da fundación para descarga e visualización en PDF de balde a publicación arquia/teses 11 «La arquitectura de Gunnar Asplund» de José Manuel López-Peláez.


mi área privada