• Páginas:
  • <<
  • 1
  • 2
  • >>

Novas da Fundación arquia

INFORME DE PARTICIPACIÓN DA IV CONVOCATORIA 2012-2013

31 MARZO 2014 / PRÓXIMA

A participación na IV CONVOCATORIA 2012-2013 conta cun total de 670 novas realizacións rexistradas e 870 arquitectos participantes, dos que 129 se deron de alta no período comprendido entre o 1 de febreiro de 2012 e o 3 de marzo de 2014. Máis abaixo podes descargar o informe das realizacións e arquitectos rexistrados nesta edición.


Presentación colección arquia/mestres: ORIOL BOHIGAS, RAFAEL MONEO e JUAN NAVARRO BALDEWEG

27 MARZO 2014 / AUDIOVISUAIS

A presentación da colección arquia/mestres contou coa presenza dos tres arquitectos protagonistas e de Rafael Catalá Polo, secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda.


Reflexións arredor da arquitectura en streaming

24 MARZO 2014 / AUDIOVISUAIS

Mesa redonda Reflexións arredor da arquitectura coa participación dos protagonistas dos primeiros números da colección arquia /mestres:

Oriol Bohigas, Rafael Moneo e Juan Navarro Baldeweg, coa moderación de Luis Fernández-Galiano.

CONÉCTATE AQUÍ!

25 de marzo ás 19.30 en www.arquia.es/maestros123


Rafael Aburto

11 MARZO 2014 / FUNDACIÓN

Con motivo do falecemento de don Rafael Aburto, o Padroado da Fundación Arquia quere expresar as súas máis sentidas condolencias á familia e ás amizades. Unímonos ao pesar da profesión pola perda de, en palabras do autor da nosa publicación arquia/teses 18 «Rafael Aburto, arquitecto», Iñaki Bergera, un magnífico arquitecto, unha figura destacada da nosa modernidade e, sobre todo, unha extraordinaria persoa.

 


NOVA COLECCIÓN ARQUIA/MESTRES

26 FEBRERO 2014 / FUNDACIÓN

A colección arquia/mestres é un programa cultural producido e editado pola Fundación Arquia consistente nas gravacións (monografías audiovisuais) de entrevistas a arquitectos relevantes da arquitectura contemporánea.


Xa podes consultar os gañadores dos obradoiros «The Architect is Present».

21 FEBRERO 2014 / FUNDACIÓN

Xa está dispoñible na web FQ a listaxe dos gañadores para asistir a cada un dos obradoiros que se desenvolverán dentro do marco da exposición «The Architect is Present», comisariada por Luis Fernández-Galiano / Arquitectura Viva.

Consulta a listaxe aquí.


Últimos días para participar na IV convocatoria!

20 FEBRERO 2014 / PRÓXIMA

O prazo para o rexistro de realizacións da IV edición arquia / próxima 2012-2013 está aberto e finalizará o 3 de marzo de 2014 (12.00). Ás 12.00, as realizacións con autorías pendentes de vinculación NON participarán nesta convocatoria.

O número de realizacións que se poden publicar é ILIMITADO.

As realizacións optarán a ser seleccionadas polo xurado e a comisaria da presente edición para a súa publicación nun catálogo. Ademais, escollerase unha das realizacións que conseguirá o premio arquia/próxima 2014 dotado con 15 000 euros.

 


Novo catálogo da XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo. «Inflexión / Turning Point»

12 FEBRERO 2014 / PUBLICACIÓNS

Xa está dispoñible para os usuarios rexistrados na web da fundación a visualización en PDF do catálogo da XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, «Inflexión/Turning Point», editado pola fundación e resultado da colaboración co Ministerio de Fomento na realización da XII BEAU.


Documental en DVD+libro: arquia/documental 29. JULIUS SHULMAN

27 ENERO 2014 / AUDIOVISUAIS

A colección arquia/documental presenta o seu volume 29: o documental ACÚSTICA VISUAL. LA MODERNIDAD DE JULIUS SHULMAN, dirixido por Eric Bricker (Estados Unidos, 2009, 83 min, VOSE). Narrado polo actor Dustin Hoffman, o documental celebra a vida e a carreira dun dos principais fotógrafos de arquitectura do século xx.


arquia/teses 38 «La tradición innovada. Escritos sobre regresión y modernidad» de Juan Domingo Santos

22 ENERO 2014 / PUBLICACIÓNS

Xa está á venda arquia/teses 38 La tradición innovada. Escritos sobre regresión y modernidad de Juan Domingo Santos.



mi área privada