• Páginas:
  • <<
  • 1
  • >>

Novas da Fundación arquia

Rafael Aburto

11 MARZO 2014 / FUNDACIÓN

Con motivo do falecemento de don Rafael Aburto, o Padroado da Fundación Arquia quere expresar as súas máis sentidas condolencias á familia e ás amizades. Unímonos ao pesar da profesión pola perda de, en palabras do autor da nosa publicación arquia/teses 18 «Rafael Aburto, arquitecto», Iñaki Bergera, un magnífico arquitecto, unha figura destacada da nosa modernidade e, sobre todo, unha extraordinaria persoa.

 


NOVA COLECCIÓN ARQUIA/MESTRES

26 FEBRERO 2014 / FUNDACIÓN

A colección arquia/mestres é un programa cultural producido e editado pola Fundación Arquia consistente nas gravacións (monografías audiovisuais) de entrevistas a arquitectos relevantes da arquitectura contemporánea.


Xa podes consultar os gañadores dos obradoiros «The Architect is Present».

21 FEBRERO 2014 / FUNDACIÓN

Xa está dispoñible na web FQ a listaxe dos gañadores para asistir a cada un dos obradoiros que se desenvolverán dentro do marco da exposición «The Architect is Present», comisariada por Luis Fernández-Galiano / Arquitectura Viva.

Consulta a listaxe aquí.


Convocatoria de bolsas da Fundación Caixa de Arquitectos e a Fundación ICO para estudantes de Arquitectura e arquitectos de titulación recente

15 ENERO 2014 / FUNDACIÓN

A Fundación Caixa de Arquitectos e a Fundación ICO convocan 75 prazas para estudantes de Arquitectura e arquitectos de titulación recente destinadas á realización de cinco obradoiros no Museo ICO.
As prazas pretenden dar aos candidatos a posibilidade de complementar mediante obradoiros organizados pola Fundación ICO os coñecementos adquiridos durante a súa formación.

Consulta as bases e inscríbete aquí


mi área privada