verbo de arquia/filmografía

Filmografía de Arquitectura é un programa da Fundación Arquia que consiste nun rexistro de audiovisuais de arquitectura exposto mediante fichas de audiovisuais baixo un formato común e a súa localización física para a súa consulta. A filmografía é unha actividade que, xunto á funcionalidade de ciclos, se inicia co fin de complementar a filmoteca e converter a mediateca nun centro de investigación de audiovisuais de arquitectura e urbanismo cun amplo rexistro de obras existentes.

Actualmente estase a xerar unha base de 3 000 títulos referenciados, que aumenta día a día pola información recibida dos fondos audiovisuais dos COA e ETSA do ámbito español, así como polo labor de procura e investigación realizado dende a Fundación Arquia sobre os audiovisuais existentes noutras institucións nacionais e internacionais e en plataformas de audiovisuais en Internet.

mi área privada