Verbo de arquia/filmoteca

A Filmoteca de Arquitectura é un programa cultural da Fundación Arquia que se constitúe como marco de referencia, promoción e difusión do feito arquitectónico, dando valor aos documentos audiovisuais sobre arquitectura e os arquitectos, mostrando a súa dimensión creativa, cultural e social.

Destinada principalmente a estudantes, arquitectos e institucións do sector, a filmoteca tamén se dirixe a todos os profesionais que interveñen no feito arquitectónico, na construción de edificios e, en xeral, aos interesados na arquitectura e aos cinéfilos.

arquia/filmoteca é un servizo de visionamento en liña gratuíto, mediante sistema streaming, de audiovisuais do ámbito da arquitectura e dos arquitectos, que se organiza en catro seccións: documentais, conferencias, ficción e cooperación.

Documentais

Sección de obras cinematográficas, de xénero ficción e non-ficción (documentais), nos que a temática principal é a arquitectura (urbanismo, paisaxe, sustentabilidade etc.) e os arquitectos. Esta sección constitúese como o eixe principal da filmoteca a través do seu catálogo.

Ficción

Sección de películas de xénero ficción (curtametraxes, mediametraxes e longametraxes) que, por mor do seu argumento, fotografía, escenografía ou outras razóns, son destacadas e obxecto de estudo, mención ou debate no eido da arquitectura.

Conferencias

Sección de divulgación de audiovisuais sobre actividades culturais (conferencias, congresos etc.) realizadas polos colexios de arquitectos e escolas de Arquitectura españolas, fundacións afíns e entidades do sector.

Cooperación

Sección destinada á divulgación de audiovisuais sobre accións de cooperación no ámbito da arquitectura, realizadas por organizacións non-gobernamentais (ONG), fundacións afíns e entidades sen ánimo de lucro.

Visionamentos gratuítos

O catálogo dispoñible para visionamento está formado por unha selección dos documentais rexistrados no Fondo Documental da Fundación Arquia. Dado que as obras dispoñibles en liña temporalmente de arquia/filmoteca están en constante crecemento, recomendámosche que te rexistres como usuario para gozar do seu fondo documental e manterte ao corrente de todas as novidades.

Inicialmente cada usuario poderá gozar mensualmente de até tres visionamentos dunha mesma obra audiovisual e dun máximo de vinte títulos diferentes, a elixir entre as obras dispoñibles no catálogo de visionamentos nese momento.

mi área privada