Novas de arquia/filmoteca


Xa dispoñibles para a súa visualización os vídeos do acto de presentación da colección arquia/mestres

10 ABRIL 2014 / FILMOTECA

Na presentación, Javier Navarro, presidente da Fundación Arquia, e Luis Fernández Galiano, arquitecto e director da colección, expuxeron o obxectivo desta colección, que non é outro que reunir en documentos audiovisuais grandes arquitectos contemporáneos co fin de que trasladen, de viva voz, os seus pensamentos ás futuras xeracións de arquitectos.

Após a presentación, proxectouse un avance que recollía os mellores momentos das entrevistas dos tres primeiros números da colección e procedeuse a abrir un debate coloquio, moderado por Fernández Galiano, en que Bohigas, Moneo e Navarro Baldeweg expresaron as súas reflexións e opinións ao redor da arquitectura.

Visualiza os vídeos en arquia/filmoteca:

Presentación colección arquia/mestres. Presentación Institucional

Presentación colección arquia/mestres. Proxección avance

Presentación colección arquia/mestres. Debate-mesa redonda

 

 

mi área privada