Novas de arquia/filmoteca


Federico Correa e Alfons Milà entrevistados por Lluís Clotet en arquia/filmoteca

02 JULIO 2014 / FILMOTECA

Amena conversación entre Federico Correa, Alfons Milà e Lluís Clotet en que a través das súas palabras nos transmiten a súa paixón, a súa enerxía e a súa determinación na definición dun estilo propio, que se afastaba da práctica arquitectónica do momento no país, mais que recollía a herdanza dos grandes mestres.

Na conversación abórdanse anécdotas de ambos os arquitectos nas diferentes etapas da súa carreira. Repasan a súa etapa estudantil, a influencia dos seus profesores (incidindo na persoa de Ráfols), os seus inicios na profesión traballando no despacho de Coderch, as súas primeiras obras residenciais en Cadaqués e a influencia da arquitectura italiana na súa obra. Coméntanse ademais as intervencións nos restaurantes Reno, Flash-Flash e Il Giardinetto ou a torre «La Talaia».

 

 

mi área privada