Novas de arquia/filmoteca


«Resonance: Raj Rewal and Tradition» de Manu Rewal en arquia/filmoteca

15 OCTUBRE 2014 / FILMOTECA

Recomendámosvos o audiovisual de 30 minutos en que, nun percorrido arquitectónico a través de seis proxectos do arquitecto indio Raj Rewal, se mostra a súa filosofía de deseño: o Hall of Nations, o Nehru Pavilion, o edificio SCOPE, o edificio CIET, a Asian Games Village e o NII research campus. Imaxes de edificios históricos e miniaturas aparecen en momentos estratéxicos co fin de ensinar como o racionalismo moderno, un rigoroso sentido da función, estrutura e fabricación, foi reconciliado coas tipoloxías tomadas do pasado. As transicións entre os diferentes proxectos están remarcadas con imaxes de mulleres traballadoras con carga. É na imaxe final que se revela que están a realizar. A intención é apuntar o contexto tecnolóxico e socio-económico en que se constrúen os edificios.

Un audiovisual en que flúen as imaxes mentres se escoita música tradicional do norte da India. Cada peza musical foi escollida coa vontade de evocar o «Rasa» ou carácter do proxecto que acompaña.

Raj Rewal, durante a súa infancia en Hoshiarpur, na India previa á independencia, amaba debuxar. Nuns anos, os seus significativos bosquexos convertéronse en tiras cómicas para o Shankar’s Weekly, unha revista de caricaturas políticas. Cincuenta anos máis tarde, outros bosquexos de Rewal foron a base dos máis prominentes edificios de Delhi, incluíndo o Asian Games Village, o State Trading Corporation e a Biblioteca do Parlamento.

Podes acceder ao documental aquí.

Referencias:

http://www.rajrewal.org/films.htm

http://aayushsoni.blogspot.com.es/2010/11/building-legacy.html


 

 

mi área privada