Novas de arquia/filmoteca


Kowloon Walled City en arquia/filmoteca

22 JULIO 2015 / FILMOTECA

Kowloon Walled City [A cidade amurallada de Kowloon], de Hawke Productions Ltd.

Até o ano 1994, Hong Kong albergaba o que foi até ese entón o enclave de maior densidade de poboación de todo o mundo: a cidade amurallada de Kowloon. Cunha poboación total de 50.000 habitantes, o lugar amontoaba aos seus habitantes en tan reducido lugar (6,5 hectáreas) que a súa densidade de poboación equivalía aos 1,92 millóns de habitantes por km2.

"It was a huge monstrosity of buildings", palabras de Greg Girard, fotógrafo que pasou anos documentando Kowloon. Pequenas casas amontoadas unha enriba doutras, conectadas por escaleiras serpeantes colgadas de cables, con corredores escuros en que a policía non ousaba entrar. Gran parte das vivendas non tiñan acceso a espazos abertos nin ventilación, xa que se atopaban encerradas no centro da estrutura.

Nas zonas máis interiores, xurdían pequenos negocios, sobre todo de alimentación, sen unhas condicións hixiénicas mínimas, que servían a moi baixo prezo aos restaurantes de Hong Kong.

O arquitecto Aaron Tan escribiu a súa tese sobre Wallet City mentres esta era derruída. Segundo Tan, a maquinaria social da cidade funcionaba á perfección. A comunidade de habitantes facía fronte, estando unidos, ás adversidades e problemas que xeraba a aglomeración, como na distribución da auga, levada a cabo a través de miles de tubaxes que se retorcían polo edificio. O bombeo necesario para facela chegar a todos os lugares requiría unha gran achega de enerxía e é por iso que os habitantes se arroldaban no seu aforro para permitir que a auga fose compartida exitosamente.

A orixe da cidade foi, en realidade, unha anomalía política da historia colonial de Hong Kong. Foi, por décadas, un pequeno exclave de China localizado no Hong Kong de Gran Bretaña. Caracterizouse polo curioso da súa existencia até a súa demolición en 1993. En 1994, construíuse un parque na súa antiga localización.

Máis información en The Wall Street Journal. 

Accede á súa visualización en http://kcy.me/25kk6

 

 

mi área privada