Novas de arquia/filmoteca


Beyond. Varanasi (India) en arquia/filmoteca

02 SEPTIEMBRE 2015 / FILMOTECA

Documental único que mostra traballando ao fotógrafo Joey L. en Varanasi, India. O documental do cineasta Cale Glendening segue a Joey e ao seu asistente Ryan mentres completan a súa serie de fotos "Holy Men" (homes santos). Case todas as relixións procrean ascetas; monxes errantes que renunciaron a todas as posesións terreais, dedicando a súa vida á procura espiritual da liberación da realidade. A súa realidade está ditada unicamente pola mente, non polos obxectos materiais. Incluso a morte non é un concepto aterrador, senón un paso máis desde o mundo da ilusión.

O documental recolle á súa vez, a esencia de Varanasi, descrita como a cidade máis espiritual da India, un dos lugares do mundo onde a cor, o caos e o xentío configuran a maxia do corazón latente do universo hindú.

A cidade de Varanasi sitúase ao longo da beira oeste do Ganxes e esténdese pola marxe do río nun labirinto desorientador de rúas estreitas, nunha atmosfera frenética e intensa, que captura unha vez superado o choque cultural inicial. A cidade desemboca nos xigantes chanzos que delimitan o río, lugar onde os peregrinos veñen limpar as súas almas nas augas do Ganxes.  

Máis información no blog do realizador, Cale Glendening.

 

 

 

mi área privada