Novas de arquia/filmoteca


Un paseo con Didier, Scofido e Renfro polo High Line en Nova Iorque

29 OCTUBRE 2015 / FILMOTECA

Elisabeth Diller, Ricardo Scofidio e Charles Renfro pasean coa cámara polo High Line en Nova Iorque explicando as ideas clave do proxecto que levaron a cabo entre 2009 e 2011, en colaboración con Jamer Corne Field Operations e Piet Oudolf. 

High Line é un parque público de aproximadamente 2,4 km, construído nunha liña de vías elevada desde Meatpaching District a Hudson Rail Yards en Manhattan. Inspirados pola melancólica e disruptiva beleza desta ruína postindustrial, onde a natureza reclamara o seu espazo nesta infraestrutura urbana, o novo parque interpreta a súa herdanza. Traslada a biodiversidade que se asentou despois de converterse nunha ruína nun microclima urbano específico ao longo da vía que inclúe espazos asollados, de sombra, húmidos, secos, expostos ou resgardados ao vento.

A través dunha estratexia de agri-tectura (parte agricultura, parte arquitectura), a High Line codifícase en discretas unidades de pavimento e plantacións que se mesturan ao longo dos dous quilómetros e medio nunha variedade de gradientes desde o 100% de pavimentación ao 100% de terra, cunha gran variedade de biótopos vexetais. O sistema de pavimentación consiste en placas alargadas de cemento con xunta aberta para fomentar o crecemento de herba salvaxe. As unidades alargadas de pavimento teñen finais que se curvan en zonas de plantación creando unha paisaxe texturada onde as persoas poden deambular por camiños indefinidos. Os puntos de acceso proxectáronse como experiencias que prolongan a transición entre o frenesí das rúas da cidade á tranquilidade da paisaxe superior.

Información xerada a partir dos textos da web de Didier, Scofido e Renfro.

 

 

mi área privada