Novas de arquia/filmoteca


La Alameda de Juan Sebastián Bollaín en arquiafilmoteca

16 DICIEMBRE 2015 / FILMOTECA

Documental realizado por Juan Sebastián Bollaín en que mostra a degradación social do barrio da Alameda de Hércules e tenta abrir un debate sobre as causas da súa decadencia e as posibles formas de revertela. O recordo da idade de ouro do barrio, a desaparición dos seus elementos distintivos e a crítica á xestión municipal centran o obxectivo do audiovisual: mostrar a destrución dos centros históricos e a expulsión dos seus moradores.

Pertence a unha serie de documentais en que Juan Bollaín experimenta coa capacidade do medio audiovisual para transmitir conceptos arquitectónicos sen deixar de lado a experimentación entre a relación imaxe/son.

Producido pola Delegación de Sevilla do Colexio Oficial de Arquitectos de Andalucía Occidental e Badaxoz en 1978.

 

mi área privada