Le Corbusier en la India


En febreiro de 1992, viaxou á India un grupo de amigos formado por Enric Miralles e Benedetta Tagliabue, Elías Torres, Mogens Krustrup, Jesús Menéndez, Thomas e Helke Bayrle, Götze Stockmann e Valerio Ferrari.

No centro da viaxe estaba a visita á arquitectura de Le Corbusier, en Chandigarh e Ahmedabad, e as obras de Louis Kahn.

Varios dos viaxeiros levaban consigo lapis e papel, para facer atenta a súa mirada cara a canto lles atraía.

Enric Miralles encheu coa súa estilográfica de tinta azul cinco cadernos de debuxo, de tapas duras, de 15 x 10,5 cm, producidos pola Glasgow School of Art, que eran os que usaba habitualmente.

Elías Torres encheu, a bolígrafo negro e até facerlle saltar as costuras, un hartbound sketchbook de 21,5 x 14 cm.

En moitas ocasións, Enric e Elías debuxaban o mesmo motivo, un xunto ao outro. Enric, ademais, tomaba diapositivas, que logo utilizaría como pezas das súas montaxes panorámicas.

Reproducións dalgúns destes debuxos e fotografías son as que se mostran nesta exposición, que acompaña a edición por parte da Fundación Caixa de Arquitectos do DVD Le Corbusier na India. Ahmedabad e o Capitolio de Chandigarh, reunindo os dous documentais producidos e dirixidos por Manu Rewal.

A mirada de Enric Miralles e Elías Torres converte directamente a paisaxe e os obxectos en arquitectura, e nada hai máis optimista que advertir a inesgotable capacidade dun mesmo motivo por converterse en arquitecturas tan diversas como as que nos regalaron ambos na súa obra profesional.


Inauguración
  • COA Cádiz: 27/11/2008
Itinerancias
  • ETSA MÁLAGA: 12/09/2011 - 19/10/2011
  • COACAM TOLEDO: 27/10/2011 - 25/11/2011
  • COA Cádiz: 27/11/2008 - 27/12/2008
  • ETSA La Salle: 12/01/2009 - 20/02/2009
  • CTA Alicante: 04/03/2009 - 27/03/2009
  • COA A Coruña: 01/04/2009 - 30/04/2009
  • ETSA VALLÉS: 01/06/2009 - 30/06/2009
  • SEGOVIA COAYLE: 01/09/2009 - 09/10/2009
  • COA León: 19/10/2009 - 27/11/2009
  • CTAA ELCHE: 04/12/2009 - 05/01/2010
  • COA IBIZA Y FORMENTERA: 15/01/2010 - 28/01/2010
  • COA Córdoba: 18/02/2010 - 10/03/2010
 
  • ETSA SAN SEBASTIAN: 15/03/2010 - 31/03/2010
  • COAVN Navarra: 14/04/2010 - 05/05/2010
  • COAIB Menorca: 14/05/2010 - 28/05/2010
  • COAR Logroño: 15/06/2010 - 18/07/2010
  • COAC Tarragona: 06/09/2010 - 09/11/2010
  • ETSA A Coruña: 18/11/2010 - 29/12/2010
  • Cons. Viv. MALLORCA: 03/02/2011 - 28/02/2011

mi área privada