ARCH XX SUDOE

Dámoslle a benvida a ARCH XX SUDOE España
A arquitectura do século XX en España, Xibraltar e as rexións francesas de Aquitania, Auverña, Languedoc-Rosellón, Lemosín, Mediodía-Pireneos e Poitou-Charente.

ARCH XX SUDOE España

Máis información

Para acceder ao portal ARCH XX SUDOE debes estar rexistrado; se aínda non es usuario rexistrado, alta de usuario

Esquecín o contrasinal

Fundación DOCOMOMO Ibérico (ES-PORT)


DOCOMOMO é a sigla de Documentation and Conservation of buildings, sites and neighbourhoods of the Modern Movement e corresponde á Organización DOCOMOMO Internacional creada o 1990, actualmente con sede en Barcelona.

Co principal obxectivo de inventariar, divulgar e protexer o patrimonio arquitectónico do Movemento Moderno, configurou unha estratexia xeográfica de que derivou a creación da fundación Docomomo Ibérico, con sede en Barcelona, que coordina a consecución destes obxectivos xerais aplicados a España e Portugal.

O proxecto de Documentación e Conservación do Movemento Moderno (DOCOMOMO) está a levarse a cabo no ámbito territorial ibérico a partir da colaboración de diversas entidades e institucións, especialmente dos colexios de arquitectos, institutos de patrimonio e entidades dedicadas ao coñecemento e a divulgación da arquitectura. Dende a súa constitución, DOCOMOMO Ibérico levou a cabo numerosas iniciativas de documentación e estudo do patrimonio moderno nos territorios ibéricos que se concretaron en publicacións, seminarios e congresos.


Fundación Docomomo Ibérico (ES)

Fundació
Mies van der Rohe (ES)


A Fundació Mies van der Rohe foi creada en 1983 polo Concello de Barcelona co obxectivo inicial de levar a cabo a reconstrución do Pavillón Alemán deseñado por Ludwig Mies van der Rohe (1886-1969) para a Exposición Internacional de Barcelona de 1929.

Ademais de atender á conservación e o coñecemento do Pavillón Mies van der Rohe, a Fundació Mies van der Rohe impulsa o debate, a difusión e a sensibilización sobre temas de arquitectura e urbanismo contemporáneos. Tamén promove o estudo da obra de Ludwig Mies van der Rohe e do Movemento Moderno. Atendendo aos seus fins, esta fundación leva a cabo diferentes actividades, como premios, congresos, conferencias, exposicións, talleres e instalacións.

Destaca entre estes programas a organización, conxuntamente coa Comisión Europea, do Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea - Premio Mies van der Rohe, un dos premios máis prestixiosos de arquitectura de Europa.


Fundació Mies van der Rohe (ES)

Fundación
Arquia (ES)


A Fundación Arquia constitúese como fundación cultural privada o 23 de maio de 1990 para promover e fomentar actividades de carácter cultural no campo da arquitectura, a construción, o deseño, o urbanismo e, en xeral, do relacionado coa actividade dos arquitectos.

Xestiona os recursos que recibe do Fondo de Educación e Promoción da Caixa de Arquitectos, complementados polos produtos do seu patrimonio e pola recuperación do investimento realizado nalgunha das actividades.

A representación, o goberno e a administración da fundación corresponden ao padroado, integrado polas persoas que en cada momento sexan membros do Consello Reitor da Caixa de Arquitectos, así como o seu director xeral.


Fundación Arquia (ES)

mi área privada