A FUNDACIÓN ARQUIA

En 1990, Arquia/banca crea a súa fundación e, dende os seus comezos, o seu obxectivo foi promover e difundir proxectos de carácter cultural, social, asistencial, profesional e formativo no eido da arquitectura, construción, deseño e urbanismo. Ao longo destes anos, foise axeitando ás circunstancias de cada momento e, na última década, triplicou a dotación destinada ás súas actividades en resposta ao aumento das necesidades do colectivo con motivo da conxuntura económica.


QUEN SOMOS

Presentación

AS FUNDACIÓNS NON SON TAN SÓ INSTITUCIÓNS PARA O BEN COMÚN, SENÓN TAMÉN UNHA EXPRESIÓN DA SOCIEDADE LIBRE EN QUE QUEREMOS VIVIR. WALTER SCHELL

Fundación Arquia destaca polo seu continuo labor e preocupación constante na difusión da cultura arquitectónica co obxectivo de mellorar a imaxe do arquitecto e a súa obra na sociedade.
Os nosos valores baséanse en 4 alicerces básicos: A transparencia como resposta a unha sociedade cada vez máis esixente, sendo cristalinos á hora de mostrar, non só como se xestionan os recursos que recibimos, senón tamén mostrando o proceso de selección e adxudicación dos diferentes concursos que a fundación convoca, cuxo criterio común é a renovación anual de cada xurado ou tribunal.
A comunicación, como vehículo para chegar fluidamente a todos os axentes do sector. Con motivo do carácter extraterritorial intrínseco da Fundación, referénciase a web como punto de difusión e encontro, aproximando de forma global a realidade dos profesionais á sociedade, tanto no ámbito nacional coma internacional.
A participación e bo goberno, entendendo este como a capacidade de optimizar ao máximo os recursos.
O ámbito territorial da fundación esténdese a toda a Unión Europea e Latinoamérica, desenvolvendo principalmente a súa actividade en España. Inscrita no Rexistro de Fundacións do Ministerio de Cultura, co núm. 167, por Orde de 27 de xuño de 1990
Denominación social:
Fundación Arquia - NIF: G59417279 Inscrita no Rexistro de Fundacións do Ministerio de Cultura, co núm. 167, por Orde de 27 de xuño de 1990

Organización

SE AS FUNDACIÓNS NON EXISTISEN, HABERÍA QUE INVENTALAS, PARA QUE REALIZASEN XUSTAMENTE O QUE A MIN ME PARECE A SÚA FUNCIÓN PRIMORDIAL: SER VANGARDA DA SOCIEDADE, VANGARDA SOCIAL. JOSÉ LUÍS SAMPEDRO

Padroado e dirección
A nosa fundación está rexida por un padroado de 12 profesionais vinculados ao mundo académico e profesional. Coa súa axuda e asesoramento, traballamos na difusión da cultura arquitectónica.
A representación, o goberno e a administración da fundación corresponden ao padroado. O padroado está integrado polas persoas que, en cada momento, sexan membros do Consello Reitor da Caixa de Arquitectos S. Coop. de Crédito e o seu director xeral, así como por dúas persoas designadas polo devandito consello reitor.
Sinalados con (*) os membros da comisión delegada

Francisco Javier Navarro Martínez
Presidente
Don Francisco Javier Navarro Martínez naceu en Zaragoza e dende 1973 é arquitecto titulado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Navarra.
Arquitecto de dilatada traxectoria profesional, levou a cabo múltiples proxectos de edificación no ámbito privado.
Socio fundador de Arquia Caixa de Arquitectos no ano 1983 e conselleiro da mesma até o ano 2003, en que foi nomeado presidente da Caixa e da Fundación Arquia, fundación cuxo obxecto social é a promoción e fomento de fins de carácter cultural, social, asistencial, profesional e formativo no campo da arquitectura, a construción, o deseño, o urbanismo e, en xeral, de todo aquilo relacionado coa actividade dos arquitectos.
Federico Orellana Ortega
Vicepresidente 1.º
Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Sevilla, especialidade en Urbanismo (1975).
Secretario do Colexio Oficial de Arquitectos de Málaga dende maio de 1977 até maio de 1979.
Secretario do Colexio Oficial de Arquitectos de Málaga dende maio de 1981 até maio de 1983.
Vogal da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Andalucía Oriental durante 8 anos.
Presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Málaga durante 8 anos (1983-1987 e 1993-1997).
Fundador da Comisión de Cultura do Colexio Oficial de Arquitectos de Málaga.
Fundador da Cooperativa de Arquitectos de Málaga.
Vogal adxunto da Cámara de Comercio de Málaga durante 2 anos...
Vogal de urbanismo do Ateneo de Málaga durante 4 anos.
Membro do Comité de Expertos do Plan Estratéxico de Málaga.
Vogal do Consello Reitor de ARQUIA CAIXA DE ARQUITECTOS (1991-2005).
Vicepresidente 1.º do Consello Reitor de ARQUIA CAIXA DE ARQUITECTOS dende o ano 2005 até a actualidade.
Alberto Alonso Saezmiera
Vicepresidente 2.º
Alberto Alonso Saezmiera (Bilbo 1954).
Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, especialidade en Edificación en 1977.
Tesoureiro delegado en Biscaia do Colexio Oficial de Arquitectos Vasco-Navarro (1982-1985). Secretario do Colexio Oficial de Arquitectos Vasco-Navarro (1985-1987).
Decano do Colexio Oficial de Arquitectos Vasco-Navarro (1989-1993).
Conselleiro (1989-1993) e contador (1991-1993) do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España. Membro do Consello de Redacción da revista «Arquitectos» durante os anos 1990-1999.
Membro da Agrupación de Arquitectos Expertos Periciais e Forenses do Colexio Oficial de Arquitectos...
Vasco-Navarro dende a súa constitución.
Vogal do Consello de Administración de ARQUITASA Sociedad de Tasaciones de Colegios de Arquitectos de España, S.A. (1993-2003).
Membro da Comisión de Procedemento Disciplinario do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (1997-1999).
Vogal do Consello Reitor (2003-2007) e vicepresidente 2.º dende 2007 de Arquia Caixa de Arquitectos
Vogal do Consello de Administración de Arquiseguros Correduría de Seguros, S.A. (2007-2010) e dende o ano 2011 Vogal do Consello de Administración de Arquipensiones S.A. (2007-2008).
Vogal do Comité de Auditoría de Caixa de Arquitectos, Sociedade Cooperativa de Crédito dende o ano 2007.
Sol Candela Alcover
Secretario
En 1986 obtén o título de arquitecto, especialidade Edificación, pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Valencia. Premio proxecto fin de carreira pola Consellaría de Obras Públicas, Urbanismo e Transporte.
Continua reciclaxe profesional tanto en materias técnicas, taxacións e valoracións, coma en lexislación do solo e intervención en patrimonio, que, unida á experiencia adquirida, lle permitiu coñecer e estudar mellor a arquitectura en relación coa sociedade e a figura do arquitecto.
Dende a súa incorporación ao Colexio Oficial de Arquitectos da Comunidade Valenciana (COACV) realizou numerosos proxectos no exercicio ininterrompido da profesión á vez que ocupou distintos cargos dentro dos órganos de goberno da estrutura colexial...
Carlos Gómez Agustí (*)
Vogal 1.º
Arquitecto pola ETS de Arquitectura de Madrid
Patrón da Fundación Arquia dende 1999
Patrón da Fundación Arquitectura COAM dende 1993 a 2002
Patrón da Fundación Do.co.mo.mo. dende 2006
Membro da Comisión Delegada da Fundación Arquia de 2004 a 2011
Membro da Comisión Técnica do Do.co.mo.mo. dende 2006
Exercicio libre da profesión de arquitecto
Premios de vivenda social en case 700 vivendas de protección en programas públicos (Móstoles, Madrid (5) e... Torrejón etc., mediante concursos
Curso no mestrado de Humanidades na Facultade de Filosofía e Letras da UAM
Arquitecto investigador do Programa de Hábitat Aberto de CAM 1984
Concursos nacionais e internacionais por elección
Membro do xurado da XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo 2013
Membro do xurado do concurso de teses de doutoramento da Fundación Arquia 2013
Membro do xurado en concursos de arquitectura entre 2000 e 2015
Fernando Díaz-Pinés Mateo (*)
Vogal 3.º
Fernando Díaz-Pinés Mateo (Ceuta, 1959).
Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid coa especialidade de Urbanismo en 1984.
Doutor arquitecto (sobresaliente cum laude) pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Valladolid coa tese titulada «Santa Iglesia Catedral de San Antolín, de Palencia. Análisis e historia de la arquitectura de la “Bella Desconocida”» (1994)
Profesor asociado na cátedra de Expresión Gráfica da Arquitectura (1989-1991) na ETSAM, profesor asociado de Proxectos Arquitectónicos (1991-1995), profesor titular interino (1995-1997) e profesor titular de universidade dende 1997, é responsable da materia de Proxectos I (hoxe Proxectos I e II do Grao en Fundamentos
de Arquitectura) na ETSAV.
Profesor do curso de doutoramento «Problemas da arquitectura e cidade moderna: teoría, historia, proxectos» da Escola Superior Artística do Porto (ESAP) dende 2001 a 2006, e profesor na Escola de Arquitectura de Polo de Mantua do Politécnico de Milán (2006).
Montserrat Nogués Teixidor (*)
Vogal 4.º
MONTSERRAT NOGUES I TEIXIDOR, (Xirona 1955)
Arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona coa especialidade de Proxectos, Urbanismo e Historia, en 1983.
Arquitecta responsable dos servizos culturais e biblioteca da demarcación de Xirona do COAC (1985-1990).
Comisaria e deseñadora de diferentes exposicións; organizadora de obradoiros, ciclos de conferencias e coordinadora de diversas publicacións e libros de arquitectura do COAC.
Arquitecta responsable da Área de Infraestrutura e Obra Pública do Concello de Calonge (2000-2003).
Desenvolve a súa actividade profesional como arquitecta liberal e en colaboración con diferentes arquitectos e...
en equipos pluridisciplinarios, na redacción de plans, proxectos de espazos e edificios públicos para diferentes institucións, entre os que destacan: plan director do camiño da rolda entre Calonge e Playa de Aro (Calonge), plan director dos equipamentos culturais e de lecer de Banyoles, Teatro Municipal de Salt e espazo posterior, Teatro Municipal de Xirona e urbanización da contorna, Teatro Principal de Olot, Conservatorio de Música de Xirona, plan director e restauración da Catedral de Xirona, ampliación do presbiterio e abertura do ventanal norte e cristaleira con Sean Scully. Participación en numerosos concursos públicos de proxectos de equipamentos e espazo público nos que obtén premios e mencións: Teatro Victoria de Barcelona, plan director da antiga fábrica téxtil Coma-Cros de Salt, IES Pla de l´Estany de Banyoles, urbanización dos accesos á vila de Lloret de Mar de Blanes a Vidreres e equipamentos culturais en Vilablareix.
Ángela Barrios Padura
Vogal 5.º
Arquitecta pola ETSA de Sevilla. Setembro de 1996.
Doutora arquitecta pola ETSA de Sevilla. Setembro de 2001.
Profesora asociada. Universidade de Sevilla. 1997 a 2006.
Profesora titular de universidade. Universidade de Sevilla. De febreiro de 2006 até a actualidade.
Membro de xunta de escola da ETSA de Sevilla. 2009 a 2015.
Subdirectora de relacións exteriores e infraestruturas da ETSA de Sevilla. 2009 a 2010.
Secretaria do Departamento de Construcións Arquitectónicas I da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Sevilla. 2010 a 2013...
Pep Martínez Llabres
Vogal 6.º
JOSÉ A. MARTÍNEZ LLABRÉS (Barcelona, 1968)
Arquitecto, especialidade Edificación, Universitat Politècnica de Catalunya en 1994
Bolseiro Erasmus (Aarhus, Copenhague) 1993
Colabora como bolseiro no Departamento de Patrimonio Histórico do Concello de Barcelona, 1993-1994.
Bolseiro COAIB en colaboración coa Consellaría de Economía e Facenda do Goberno Balear, 1995.
Posgrao en Dereito Urbanístico e Ordenación do Territorio na Universidade das Illas Baleares en 2001
Secretario do Colexio Oficial de Arquitectos das Illas Baleares (1996-2002)
Secretario da Agrupación de Peritos Forenses (2000-2002)...
Arquitecto municipal de Búger (Mallorca) (2000-2011)
Arquitecto municipal de Maria de la Salut (Mallorca) (1999 até a actualidade)
Arquitecto da Consellaría de Economía e Facenda do Govern Balear Departamento de valoracións patrimoniais e actos xurídicos documentados (1995-2000)
Socio fundador PM ARQUILAB 1995 SLP (dende 1999)
Membro do comité de recursos de Arquia Caixa de Arquitectos (06/2007-06/2013)
Conselleiro de Arquia Caixa de Arquitectos (22/11/2013)
Naiara Montero Viar
Vogal 7.º
Naiara Montero Viar (Barcelona 1975).
Arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (ETSAB)
Doutora arquitecta (cum laude) con mención europea nunha tese sobre ámbitos de investigación na enerxía e o medio natural na arquitectura. (ETSAB)
Posgrao Interior e Interiores pola Universidade Politécnica de Cataluña (UPC)
Curso de formación do Negocio Bancario 2015 (Arquia Caixa de Arquitectos)
Estancia en University of College in Dublin (UCD) como membro investigador no equipo Energy Research Group (2011)
Profesora de Proxectos en CESUGA, University College Dublin (2008-actualidade)
Imparte seminarios na Escola de Disseny i d´Art Llotja en Barcelona e colabora na docencia de Proxectos de Instalacións na Universidade da Coruña (UDC).
Marta Cervelló Casanova
Nada en Barcelona (1959), licenciouse en Arquitectura o ano 1986 pola ETSAB, a Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona.
Foi membro da redacción da revista Quaderns d’Arquitectura i Urbanisme, baixo a dirección de José Luis Mateo (1986-1991).
Foi membro de numerosos xurados en premios e concursos de arquitectura profesionais, así como relatora en seminarios e cursos.
Mantivo unha liña de traballo na investigación cultural e publicou artigos en revistas especializadas. Destaca o libro «Barcelona: guía de arquitectura moderna» (ed. Actar), conxuntamente con Maurici Pla, Manuel Gausa e Ricardo Devesa...
Emilio Tuñón Álvarez
Emilio Tuñón Álvarez, Doctor (Madrid 1958)
Arquitecto por la Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1981.
Doctor arquitecto (Sobresaliente Cum Laude) por la Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (2000).
Premio Nacional de Arquitectura Española (2003).
Premio Mies van der Rohe, Premio Europeo de Arquitectura (2007).
Medalla de oro por el Mérito de las Bellas Artes (2014).
Catedrático de Proyectos Arquitectónicos de la Escuela de Arquitectura de Madrid (2016).
Desde 1986 imparte clases de proyectos como profesor del Departamento de Proyectos Arquitectónicos de la E.T.S.A.M, el curso 2002-2003 como Profesor Titular de Universidad Interino, desde 2003 como Profesor Titular de... Universidad y desde 2016 Catedrático de Proyectos Arquitectónicos de la Escuela de Arquitectura de Madrid. Es profesor invitado en la la Städelschule de Frankfurt (Alemania) durante (1997–98), profesor
invitado en la Nueva Escuela de Arquitectura de la Escuela Politécnica de Puerto Rico en el verano de 2000, profesor invitado en el semestre de primavera en la Ecole Polytechnique Fédérale de Laussane, Suiza (2005), profesor invitado en el Graduate School of Design de la Harvard University en Cambridge Ma. EE.UU (2006) y profesor invitado en la School of Architecture de la Princeton University, NY EE.UU. (primavera 2008, primavera 2009 y primavera 2010).
Gerardo García-Ventosa
Director
Gerardo García-Ventosa López (Barcelona 1951).
Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona coas especialidades Edificación en 1977 e Urbanismo en 1979.
Doutor arquitecto (cum laude) pola mesma escola cunha tese sobre a obra de Doménech i Montaner (1993).
Diplomado (excelente) en Arquitectura Legal e Forense pola Universidade Pompeu Fabra (2003).
Profesor non-numerario/asociado da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (1974-1990).
Profesor da Escola de Interiorismo Massana de Barcelona.
Adxunto a dirección, Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (1984-1987).
Vogal de cultura, Colexio de Arquitectos de Cataluña (1981-1985, 1986-1988, 1994-2000).
Membro da xunta do Arquinfad do FAD
Membro da Comisión Territorial do Patrimonio Cultural de Barcelona da Generalitat de Catalunya
Tesoureiro, membro da xunta da Agrupació d'Arquitectes Experts Pèrits i Forenses (AAEPFC)
Vogal do Consello Reitor (1983-2001) e vicepresidente (2001-2005) de Arquia Caixa de Arquitectos

Organigrama Fundación Arquia
A seguir podes descargar o arquivo PDF do organigrama de funcionamento da Fundación Arquia.
Carta do director

Apreciad@s compañeir@s:

Compráceme presentarvos a memoria de actividades do ano 2015. Este ano caracterizouse pola celebración do 25.º aniversario da Fundación Arquia e tentamos facer balance dos fitos conseguidos ao longo destes anos, cunha concepción máis ampla do noso labor social e da promoción da cultura.

Unha mostra diso foi a homenaxe que a Fundación Arquia rendeu a Álvaro Siza con motivo da presentación da publicación SizaXSiza. No acto reuníronse na mesma mesa 3 premios Pritzker (Siza, Souto de Moura e Rafael Moneo) e actuou como moderadora a xornalista de arquitectura Anatxu Zabalbeascoa xunto co arquitecto finlandés Juhani Pallasmaa e o crítico estadounidense David Cohn.

Ao longo destes anos, a Fundación Arquia foise adecuando ás circunstancias de cada momento e, na última década, triplicamos a dotación destinada ás nosas actividades, como resposta para cubrir as necesidades do colectivo con motivo da conxuntura económica.

A Fundación Arquia avanza co fin de ofrecer propostas innovadoras e contribuír de maneira significativa no ámbito cultural arquitectónico. Así o reflicte a Medalla CSCAE que nos foi outorgada, entre outros méritos destacables, por contribuír á defensa dos intereses da profesión e da arquitectura.

Foi un ano de consolidación de programas xa existentes e de creación de novos programas acordes cos novos requirimentos que o sector da arquitectura nos esixe.

Nun dos programas máis consolidados, arquia/bolsas, sumamos esforzos con outras organizacións (Fundación Metrópoli, Factoría Cultural, Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Dirección Xeral de Arquitectura Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento) co obxectivo de ampliar o número e diversidade temática das bolsas que se ofrecen dende a Fundación Arquia.

Máis coñecido é o noso catálogo de publicacións polo que recibimos o recoñecemento do Gremi d'Editors polos nosos 25 anos de labor editorial.
Nesta liña, e coincidindo co obxectivo institucional de achegar a figura do arquitecto á sociedade, iniciouse este ano a nova colección arquia/contextos, editada conxuntamente con Los Libros de la Catarata e da que se publicaron cinco números.

Ao mesmo tempo, a mediateca consolidouse e ampliou os seus contidos en dúas amplas áreas de consulta: Filmoteca (audiovisuais en liña) e filmografía (rexistros audiovisuais)

Os nosos esforzos orientáronse tamén a consolidar a nosa web como referente na difusión e encontro, pondo ao alcance de todos os interesados no ámbito da arquitectura os nosos programas e propostas culturais. Reforzamos tamén a nosa presenza nas redes sociais co fin de difundir as nosas actividades xunto ás novas máis relevantes do ámbito da arquitectura, e o blog Fundación Arquia consolidouse como punto de encontro dixital da profesión.

A comunidade FQ creceu até superar as 17 000 persoas rexistradas. Agradecémosvos a todos o seguimento e implicación que mostrades polas nosas actividades, que nos anima a continuar mellorando para manter a vosa confianza e interese.

Esta nota é un apuntamento da actividade levada a cabo a través dos nosos programas cuxos resultados pretenden xerar pequenos cambios neste contexto tan difícil.

Gerardo García-Ventosa
Director
Fundación Arquia

Descarga:
Transparencia

A transparencia e a rendición de contas son signos da identidade de Fundación Arquia. Como pon de manifesto a nosa visión, apostamos por ser unha organización cada día máis eficaz, eficiente, ben xestionada, orientada a resultados, transparente e comprometida con render contas á profesión e, en definitiva, á sociedade.
A transparencia e a rendición de contas son dous aspectos chave para manter a confianza e a credibilidade da profesión e a sociedade na Fundación Arquia.
Fundación Arquia audita anualmente as súas contas económicas, que se atopan inscritas nos rexistros públicos correspondentes. A través desta páxina, publicamos e actualizamos permanentemente toda a información da nosa actividade.

Convenios

A seguir detallamos os diferentes convenios que a Fundación Arquia subscribe cos diferentes axentes que interveñen no desenvolvemento das nosas actividades

Convenio BOLSAS - FQ Bolseiro
Convenio resultado do programa arquia/bolsas no que a Fundación Arquia e o bolseiro premiado acordan as condicións das prácticas non-laborables.
Convenio bolsas - FQ_Estudio
Convenio resultado do programa arquia/bolsas e subscrito entre a Fundación Arquia e o estudio de acollida do bolseiro en que se acordan as condicións de recepción do bolseiro por parte do estudio receptor.
Convenio BOLSAS - FQ_Escolas
Convenio resultado do programa arquia/bolsas e subscrito entre a Fundación Arquia e a ETS de Arquitectura de procedencia do bolseiro cuxo obxectivo é permitir a validación das prácticas realizadas no estudio de destino por créditos académicos. Os convenios asinados que se achegan corresponden ás escolas de Arquitectura de: Valladolid, A Coruña, Camilo José Cela, CESUGA, Francisco de Victoria, La Salle-Ramón Llull, Las Palmas de Gran Canaria, Universidade Pontificia de Salamanca, San Sebastián, Sevilla, Madrid, Granada, Europea, Universidade Internacional de Cataluña, Afonso X o Sabio, Vallés, Barcelona, Valencia, S.E.K.
Convenio BIBLIOTECA NACIONAL ESPAÑA
Convenio resultado do programa de publicacións da Fundación Arquia e subscrito entre esta e a Biblioteca Nacional de España, por que se acordan as características e condicións para a co-edición da publicación «Dibujos de arquitectura y ornamentación de la Biblioteca Nacional. Siglo XIX». (2 volumes)
Convenio MINISTERIO DE FOMENTO 2014
Convenio entre a Fundación Arquia e a Dirección Xeral de Arquitectura Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento que establece as bases de cooperación entre ambas as entidades para a realización da web de promoción e difusión da arquitectura española en que ambas as entidades achegan e comparten contidos.
Convenio MINISTERIO DE FOMENTO 2015
Convenio entre a Fundación Arquia e a Dirección Xeral de Arquitectura Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento que establece as bases de cooperación entre ambas as entidades para a realización da web de promoción e difusión da arquitectura española en que ambas as entidades achegan e comparten contidos.
Coa mesma finalidade, no marco do programa anual de bolsas da Fundación Arquia convocáronse 3 bolsas de prácticas na Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento orientadas á xeración dunha parte do contido da plataforma web.
Convenio MINISTERIO de FOMENTO 2016
onvenio entre Fundación Arquia y la Dirección General de Arquitectura Vivienda y Suelo del Ministerio de Fomento que establece las bases de cooperación entre ambas entidades para la realización de la web de promoción y difusión de la arquitectura española en la que ambas entidades aportan y comparten contenidos.
Con la misma finalidad, en el marco del programa anual de becas de la Fundación Arquia se han convocado 3 becas de prácticas en la Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo del Ministerio de Fomento, orientadas a la generación de una parte del contenido de la plataforma web.
Convenio ESADE
Con el objetivo de contribuir a la formación del arquitecto y respectivo crecimiento profesional, la Fundación Arquia, en colaboración con la escuela de negocios ESADE presenta el Máster en Dirección y Administración de empresas Corporate MBA-arquia banca, que permite proporcionar al arquitecto o profesional vinculado al ámbito arquitectónico, con recursos personales y capacidades de liderazgo y emprendimiento que posibiliten nuevas visiones empresariales o la creación de empresas caracterizadas por la innovación, la creatividad ofreciendo servicios distintivos y competitivos de calidad a la sociedad, adaptados al contexto actual.
Convenio BCN Activa - Beca Emprendimiento
La Fundación Arquia, en colaboración con Barcelona Activa, convoca 1 Beca de Emprendimiento Social destinada al desarrollo de un proyecto de negocio sostenible con fuerte componente social, con el fin de fomentar y apoyar la creación de iniciativas empresariales que tengan como objetivo conseguir una incidencia positiva en la sociedad mediante la resolución de problemas actuales de la población, desde una vertiente social o medioambiental.
Convenio PREMIO SOLÁ MORALES
La Fundación Arquia y la Universidad Politécnica de Catalunya, a través del Laboratorio de Urbanismo de Barcelona (LUB), vinculado al Departamento de Urbanismo y Ordenación del Territorio (DUOT) de la Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (ETSAB) para la publicación de la tesi doctoral que haya recibido el premio bienal de tesis doctorales de urbanismo, 'Premio Europeo Manuel de Sola-Morales en la colección arquia/tesis de la Fundación Arquia.
Convenio Fundación Thyssen Bornemisza
Colaboración para llevar a cabo un ciclo de charlas y debates que aborda la trayectoria del arquitecto Rafael Moneo
Protocolo entre Ordem dos Arquitectos, Arquia Banca y Fundación Arquia
Tiene como objeto mantener las bases de cooperación entre la Ordem dos Arquitectos de Portugal y Caja de Arquitectos S. Coop. de Crédito y la Fundación Arquia con el objetivo del establecimiento en Portugal de 2 agencias (Lisboa y Porto) por parte de Caja de Arquitectos S. Coop. de Crédito.
Convenio Cáritas
Tiene como objetivo colaborar activamente en la lucha contra la pobreza energética y apoyar el derecho de las personas a poder disponer de una vivienda digna, arquia/social promueve. Programa de adecuación de viviendas para personas con riesgo de exclusión social o con necesidades especiales.
Convenio Cruz Roja
Tiene como objeto regular la colaboración entre las partes en relación a los proyectos desarrollados tanto por el plan de empleo de Cruz Roja Española, como por el Programa de Reactivación Profesional, con el fin de insertar en los mismos a personas del sector de la arquitectura afectados por la crisis económica.
Convenio COA-Granada
Programa específico y personalizado de soporte, orientación y asesoramiento sociolaboral para profesionales de la arquitectura con acciones individualizadas orientadas a mejorar su empleabilidad.
Recursos

O traslado dos recursos correspondentes ao Fondo de Educación e Promoción da Caixa de Arquitectos á Fundación Arquia constitúe a principal fonte de ingresos desta, que se ve complementada polos produtos do seu patrimonio e pola recuperación do investimento realizado nalgunha das actividades.

Código de conduta

Conxunto de regras xerais de comportamento esixidas a toda persoa que se vincula á nosa organización, en coherencia coa nosa identidade, imaxe e obxectivos. Tipifica unha serie de comportamentos non-conformes, algúns dos cales requiren dun desenvolvemento adicional (por exemplo, a fraude, a corrupción, o conflito de intereses ou o acoso laboral e sexual), polo que se complementan con documentación específica que mencionamos a seguir.


CONTACTO

FUNDACIÓN ARQUIA
Arcs 1, 08002 Barcelona
Teléfono: 936 011 115
Fax: 933 042 340
Correo electrónico: fundacion@arquia.es
Formulario de contacto


Formulario de contacto












Control de seguridade

Recargar

Introduza o texto da imaxe




mi área privada